Tanxarina Teatro desenvolveu, na nosa Biblioteca, dous Talleres de Monicreques co alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Coa
axuda dos seus tres integrantes, os nenos/as, construíuron cadansúa
marioneta que, movida por medio dun fío ou metendo a man por debaixo dos
seus vestidos, permitíalles recrear o espectáculo e a maxia deste
xénero teatral infantil.
Esta actividade desenvolveuse grazas á colaboración co Concello de Redondela.
Resultou ser unha atractiva experiencia, chea de ilusión, para este alumnado cativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario