O 27 de febreiro celébrase o "Día Internacional do Oso Polar" e este ano esta conmemoración non pasou desapercibida no noso colexio xa que os alumnos/as de 1º de Primaria elaboraron un Mural para reflectir o que investigaron sobre este animal, típico do Polo Norte, en concreto de Groenlandia, á que están estudando, dentro do noso Proxecto "Unha viaxe polo mundo".
Coa súa investigación poidemos coñecer como son e cal é o seu habitat, como se organizan, alimentan, reproducen e se desprazan. Tamén como está ameazada a súa supervivencia.
Un oso polar, reconstruído con anacos de papel branco, preside este Mural, grazas ao que témoslle aínda maís cariño a este precioso animal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario