BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 7 de mayo de 2016

VIAXANDO POLO MUNDO DE MIL MANEIRAS

Ao longo deste curso o colexio viaxou polo mundo na procura de coñecemento. Moitos foron os Proxectos de investigación levados a cabo que se materializaron de maneiras diferentes:

En Infantil desenvolveron distintas investigacións que plasmaron na realización de actividades como: Exposicións de obxectos de México, Francia e Italia (os países estudados) aportados polas familias; Libros de traballo e Libros viaxeiros; visionado de monumentos con googlemaps; obradoiros de pasta fresca, queixo, baguettes e comida mexicana así como degustación; manualidades para facer mapas, bandeiras e máscaras; obras de teatro como a dramatización  de Pinocho; cantando “cumpleanos feliz” en italianoReprodución de cadros de pintores galegos cuxa temática recordaba México, Francia e Italia.
En Primaria utilizáronse os recursos da Biblioteca e de Internet na busca de información para realizar traballos: En 1º, Libro Viaxeiro dos animais do Ártico; Álbum de fichas de Groenlandia;  Mural “Día Internacional do oso polar”; manualidades para confeccionar máscaras de inuits; creación de Haikus
En , Dossier individual “Rumbo a Xapón” para estudar de forma multidisciplinar este país; murais diversos; invención de Haikus; manualidades para elaborar máscaras samurais, caretas de animais, monecas, flores kirigami e figuras origami (pombas, garzas, copos de neve…). Práctica da danza xaponesa Bonodori
 En 3º elaboración de mapas e bandeiras de Brasilmurais coa fauna e traballos sobre os Xogos Olímpicos de Brasil 2.016.
En 4º, Taller de poesía inventando poemas sobre Australia; mural co mapa do país para estudar os seus animais e plantas.
En 5º, recompilaron relatos tradicionais da India para contárllelos a outros cursos e na propia aula; mural para recoller os aspectos maís salientables do país como persoeiros importantes, a relixión, as cidades… Celebración de festa do Diwali (novembro). Creación de Haikus.
En 6ºmural “Unha gran volta polo mundo” marcando a viaxe do libro “A volta ao mundo en 80 días”; exposición de obxectos do mundo; cadernos de Entroido con datos culturais, xeográficos, musicais…Traballos sobre os contos e volcáns do mundo, rutas diferentes por Europa; trípticos dos Parques nacionais de España. Creación de Haikus.
En Educación Física, cada curso investigou sobre un xogo ou deporte  que destaca no país que estudou:“Balero”,“Petanca”,“Curling”,“Kendama”,“Mikado”, “Indiaca”,“Boomerang”,“Croquet”, “Cubo de Rubik” e “Skate finger”. Logo aprendeu o xogo, con intercambios entre cursos. O alumnado de 6º de Primaria (Abalar) preparou unha presentación dixital de cada un dos xogos. Confeccionouse un mural e exposicións.
    Traballouse a alimentación e os alumnos de 5º e 6º fixeron unha montaxe dixital coas receitas de diferentes países que máis lles gustaron.
Na Sección Bilingüe de Plástica, o alumnado de 6º e 5º de Primaria desenvolveu diferentes investigacións usando os recursos Abalar e despois realizou traballos plásticos variados: A Torre Eiffel, murais de distintos países do mundo como Exipto, Italia…A mestra de inglés tamén investigou nas súas clases sobre o Reino Unido.
En música fíxose a adaptación da canción “Paralá”, mencionando os países estudados dentro do Proxecto sendo interpretada polo alumnado na conmemoración do “Día da Paz”; tamén investigacións para coñecer instrumentos musicais de cada país.
A Biblioteca, a súa responsable e alumnado colaborador, confeccionaron un cómic e un mural de África para plasmar o investigado sobre a República Sudafricana.

No hay comentarios: