Co apoio do Concello de Redondela a Biblioteca organizou dous Talleres Científicos para 5º e 6º de Primaria para espertar a curiosidade polas ciencias e a natureza e poder aprender experimentando.
A Biblioteca "transformouse" nun Museo Científico de máis de 70 obxectos que explicados un a un, o alumnado puido observar, probar e por en funcionamento, adiantando hipóteses e extraendo conclusións, motivando así as gañas de aprender sobre gran variedade de disciplinas.
Había obxectos relacionados co movemento de corpos; electricidade e magnetismo; natureza; minerais; motor; efectos ópticos; propiedades de líquidos e gases; materiais avanzados; informática; medición e enxeño.
O alumnado accedeu dun xeito ameno e participativo a contidos científicos. Para contactar cos profesionais que impartiron os Talleres podedes ir a:
www.facebook.com/cienciaenmovimiento
No hay comentarios:
Publicar un comentario