BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 23 de octubre de 2016

ADOPTA UN LIBRO, SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS E EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE O ESPAZO

"Biblioteca Escolar Territorio das Artes"  é o lema das Bibliotecas Escolares Galegas neste curso 2.016/17. 
A imaxe, creada por Minia Regos, propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda Biblioteca Escolar. 
 "Biblioteca Escolar Territorio das Artes" convida a  expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía...).
   A nosa Biblioteca, un ano máis, empeza con forza. Primeiramente, desenvolvemos a campaña "ADOPTA UN LIBRO" dirixida a alumnado, profesorado e familias para agasallar con libros que decidimos expurgar, situados na zona de adultos. Queremos darlle a esta Sección un novo pulo para dotala de materiais que resulten interesantes ás familias.
Tamén levamos a cabo Sesións de Formación de Usuarios co profesorado novo  e co  alumnado para lembrar todos servizos e como utilizalos correctamente.
Aproveitamos para dar a coñecer a EXPOSICIÓN que montamos sobre o ESPAZO,  tanto con materiais de consulta como de literatura.

Todos preparados para a Maratón de lectura coa que conmemoraremos o  24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares.

No hay comentarios: