"APRENDE A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"
é o lema de Bibliotecas para este curso 2.017/ 18. Por iso, decidemos facer unha Exposición cunha selección de materiais diversos de consulta
cos que aprender e razoar: de experimentos, inventos e ciencia;
de exploracións, marabillas e tradicións do mundo; de matemáticas e números; do corpo humano,
alimentación e saúde; da natureza, medio ambiente e animais; do tempo e das estacións;
do espazo; de arte; de xadrez…
Vinde consultar e ler durante o mes de xaneiro estes materiais que seguro vos resultarán moi interantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario