Pola parte de atrás do Mural da Ría de Vigo, que como sabedes está instalado no recibidor do colexio, fixemos unha exposición de fotografías da mesma, aportadas polas familias e realizadas en praias, illas, portos, cabos, faros…
Algunhas delas son de grande valor pola súa antigüidade por recrear como eran ditos espazos hai moitos anos. É o caso das fotos da praia de Cesantes ou do Porto de Vigo.
Vinde coñecer esta exposición para gozar das fermosas paisaxes que nos ofrece a nosa Ría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario