BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 6 de diciembre de 2011

UNHA BALEA E UN GOLFIÑO SEN VIDA NA RÍA DE VIGO


A praia de O Vao (Vigo) recibiu o luns, 5 de decembro de 2.011, un visitante inesperado. Efectivos de Salvamento Marítimo e a Coordinadora para o Estudo  dos Mamíferos Mariños (Cemma) arrastraron ata o areal de O Vao un exemplar de balea de en torno a seis metros de longo e seis toneladas de peso.
 O cetáceo presentaba un avanzado estado de descomposición e o seu cadáver podería levar ata un mes á deriva por augas do Atlántico. O peso  e  estado de descomposición no que se atopaba o corpo complicaron as operacións para subir o cetáceo á area. Posteriormente un camión trasladou os restos ata a planta incineradora de  Cerceda (A Coruña).

A balea de O Vao non foi o único cetáceo que varou nas costas da Ría. A Policía Local de Redondela avisaba do achado dun golfiño morto na praia de Cesantes. O golfiño presentaba un forte golpe e faltáballe parte da aleta traseira, polo que se pensa que puido chocar cun barco e ser arrastrado ao fondo da ría.

A presenza destes cetáceos na Ría non é estraña e todos os anos se retiran entre 10 e 15 grandes cetáceos das costas galegas.

No hay comentarios: