En decembro de 2.010 estivo de visita no Colexio "O Apalpador", logo de recibir unha carta nosa na que o convidaramos a visitarnos. Trouxéranos moitos caramelos e derámoslle as nosas cartas con peticións de agasallos.
Lembrade que o Apalpador é un xigante, de oficio "carboeiro", que vive nas terras dos Ancares, O Courel e Trives.
Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e nenas cando están durmindo. Cuidadosamente apálpalles as barrigas para ver se están ben mantidos. Logo de desexarlles que no vindeiro ano non pasen fame, déixalles un feixe de castañas quentiñas e algún agasallo que eles pediran.
Na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas sobre o Nadal e, entre elas, está "Antón e o Apalpador".
Ademais, se queredes, podedes aprender xogando co Apalpador no seguinte LIM elaborado pola Coordinadora de ENDL do Barbanza que nos fixo chegar a Biblioteca do CEP de Cespón. Preme enriba do seguinte enlace co botón dereito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario