BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 2 de diciembre de 2011

O MEDIO MARIÑO NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS



As Illas Cíes, paraíso natural que protexe a entrada da Ría de Vigo constituíndo un dos seus tesouros fundamentais, fan parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por iso consideramos que unha actividade importante sería coñecelas en profundidade.
O día 30 de novembro de 2.011 visitaron o noso Centro, invitadas pola Biblioteca, dúas persoas de dito Parque, ofrecéndonos unha charla interactiva co alumnado, acompañada de proxeccións, dirixida a 4º, 5º e 6º de Primaria (aberta tamén ás familias), na que nos explicaron as características dun Parque Nacional, facendo fincapé en que o noso é un Parque Marítimo – Terrestre exemplo das mellores costas e fondos mariños da zona Atlántica de España.

Composto polos arquipélagos das Cíes (ría de Vigo), Ons (ría de Pontevedra) e Sálvora e Cortegada ( ría de Arousa) atesoura unha enorme riqueza, tanto no mar como en terra, na súa flora e fauna, destacando as 1.900 parellas de corvos cristados (dos que se nos falou polo miúdo) e tamén as 30.000 parellas de gaivotas patiamarelas. Nas praias hai abundantes dunas con rica vexetación: cardo de ribeira, algodoneira, matorral de toxo, feo de praia, herba de namorar, perexil de mar…
Nos fondos de area hai unha enorme riqueza: cabaliños, estrelas e ourizos de mar, marisco variado de moita calidade, polbos, peixes como sargos, rodaballos,etc.


 O obxectivo final da charla era concienciarnos sobre a necesidade da protección destes espazos que son fundamentais para a conservación e equilibrio da natureza.

No hay comentarios: