A compañía FMEC Producións acudiu ao noso colexio, o día 3 de febreiro, para amosarnos unhas pinceladas do seu traballo profesional na dobraxe e no teatro galegos.
En primeiro lugar, representaron unha escena sen palabras para evidenciar a necesidade da voz e da linguaxe cara a unha mellor comprensión do feito artístico. A continuación dita escena foi representada acompañada dos diálogos dos actores o que, claramente, contribuiu a un mellor entendemento.

Logo proxectaron fragmentos de debuxos animados nas súas linguas orixinais ( xaponés e inglés) para xustificar a necesidade da dobraxe.
O seguinte paso foi unha demostración práctica de cómo se dobra, contando coa participación dos mestres e dos propios alumnos/as que, utilizando os medios técnicos necesarios (ordenador, proxector e pizarra, mesa de mesturas de son, micrófono…) fixeron por un momento de actores e actrices de dobraxe dos debuxos animados de Bob Esponxa.
Esta actividade, organizada co apoio do Concello de Redondela, á parte de mellorar a oralidade en galego do alumnado e de amosar a importancia da dobraxe para a normalización da nosa lingua, serviu para achegalos tamén ao mundo do cine, o que a entronca co noso Proxecto anual sobre as Artes. Esta experiencia desenvolveuse en dous obradoiros, un para 3º e 4º de Primaria e outro para 5º e 6º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario