Manuel María, o poeta de Galicia e do idioma, foi homenaxeado no noso colexio este venres, 27 de maio de 2.016.
No seu poema Galicia ("Os soños na gaiola") escribiu para sempre:
"Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Semanas antes a Biblioteca colaborou co EDLG para coñecer a Manuel María organizando unha Exposición con materiais do autor e subindo recursos ao Blog.
No Festival das Letras Galegas proxectouse un Power Point
sobre o autor homenaxeado e moitos cursos inspiraron as súas
actuacións, diante da Comunidade Educativa, en Manuel María, recitando e mesmo cantando os seus poemas.
Outros cursos inspiráronse nos temas relacionados co
Proxecto Anual: "Unha viaxe polo mundo". Por exemplo, dramatizando o conto dun personaxe
literario universal: Pinocho (Italia), bailando ao son de músicas de México, facendo a coreografía dunha danza do Xapón, interpretando cancións en inglés… Contamos ademais cun teatriño de marionetas, con outras representacións de temática infantil e rematamos con bailes e danzas da nosa Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario