A Biblioteca, coa colaboración do profesorado, confeccionou as imaxes e o texto deste Kamishibai que pretende ser un relato informativo para amosar o máis importante do aprendido sobre os países que estudamos nas aulas: Sudáfrica, Xapón, México, Australia, Brasil, Reino Unido, India, Francia, Estados Unidos, Italia e Groenlandia.
O Kamishibai creado entre todos leva por título "Saínza, unha aventureira polo mundo". Efectivamente, Saínza, a nosa Mascota, viaxou por todos estes países para mostrárnolos e ensinarnos moitas das súas curiosidades.
Unha
vez impreso o Kamishibai no seu formato final, en A-3, preparamos a súa
presentación e representación diante de todo alumnado, en diversos pases
que realizamos na Biblioteca, acompañando con música xaponesa. Subímolo ao Blog e á Rede. Colaborou alumnado de todas as aulas e os voluntarios/as da Biblioteca.
Vídeo do Kamishibai
No hay comentarios:
Publicar un comentario